Os nenos reivindican o seu dereito a vivir en galego
Por Redacción
Uns 1.200 nenos da comarca sairon ás rúas de Pontevedra para reclamar o seu dereito a vivir en galego.
O evento arrincou en Pontevedra para percorrer Galicia nos vindeiros días concienciando aos máis novos sobre a importancia da normalización lingüística do galego.
A xornada comezou moi cedo xa que as 10.30 horas foi á saída dos centros participantes dende a Ferrería. Logo da carreira, con meta na Ferrería, foi o comezo dunha serie de actividades como un concerto do grupo Super 8, coa actriz Isabel Risco como animadora do acto.
O Correlingua conta coa colaboración das editoras Kalandraka e OQO e as librerías Seijas, Paz, El Pueblo, Escolma e Delectum, que doaron libros que foron repartidos entre os participantes.