Tapízanlle o coche con mensaxes de amor
Por Oskar Viéitez
Enterrado baixo miles de post-it encontrou un condutor pontevedrés o seu vehículo despois de deixalo aparcado en Campolongo.
O turismo apareceu este martes completamente cuberto de papeis de cores nas que figuraba escrita unha única mensaxe: "Te quiero".
Segundo veciños da zona, os adhesivos foron colocados a primeira hora da mañá por un grupo de mozos. En total foron 2.000 post it e o rematar de pegalos comezou a chover. A escena provocou numerosos sorrisos entre os transeúntes e foi moi fotografada, xerando comentarios sobre o excéntrico ou apaixonado da romántica broma.
O protagonista da aventura, Enrique Vaqueiro, voceiro do grupo municipal socialista na Lama, púxose en contacto con PontevedraViva para explicar a historia deste frechazo. Este martes 6 de maio celebra tres anos de noivado coa súa moza Tamara, que quixo mostrarlle o seu amor deste xeito tan divertido.
O feliz namorado compartiu, sen rubor, esta anécdota.