Comezan as obras para a construción da senda peonil en Bagüín
Por Redacción
A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro luns, 12 de maio, as obras de construción da senda peonil en Bagüín, no Concello de Marín. Esta actuación foi adxudicada á empresa Arias Hermanos por un importe de 236.237 euros e contan cun prazo de tres meses.
Este proxecto ten por obxectivo a creación dun itinerario peonil mediante a construción dunha senda pola marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 0+250 e 2+920, que permita interconectar os distintos núcleos de edificacións que se localizan ao longo da estrada PO-551, mellorando a seguridade viaria dos viandantes.
Nesta actuación a sección transversal da calzada non se modifica, mentres que a sección da senda proxectada é variable, adaptándose á plataforma existente. Tamén se prevé separar o tráfico rodado do peonil mediante unha barreira prefabricada de formigón.
Esta obra beneficiará máis de 25.500 habitantes do concello de Marín, que verán mellorada a súa seguridade viaria.
Relacionadas:
-
Asfaltan o camiño que une os núcleos de Baguín e Castro
Por Redacción |
-
Alertan de perigosos desprendementos na senda peonil de Bagüín
Por Redacción |
-
As obras da senda peonil de Bagüín dificultan a circulación entre Mogor e Aguete
Por Redacción |
-
A Xunta construirá unha senda peonil na estrada Marín-Rande
Por Redacción |