Os hospitais de Pontevedra e O Salnés pecharán o 14% de camas en verán
Por Redacción
O Sergas fixo pública a planificación das camas que estarán operativas na tempada estival.
Na estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés funcionarán un total de 712 camas, o que representa o 86% do total, unha porcentaxe que se sitúa na media galega.
Segundo os datos achegados polo Sergas, serán unha media de 1.059 camas as que se pecharán durante a época estival na rede pública galega, fronte ás 930 camas que se pecharon durante o verán pasado. En xeral, isto supoñerá un 86 por cento das camas operativas, mentres que en 2013 a cifra foi do 87 por cento.
A media quincenal entre os tres hospitais da xerencia (Salnés, Montecelo e Provincial) sitúase en 614 camas, segundo as cifras achegadas polo Sergas.
A administración sanitaria explicou que toma esta decisión tendo en conta a "responsabilidade principal" do departamento de "garantir a seguridade e a calidade asistencial dos pacientes", polo que, "de ser necesarias, as camas poderán activarse en calquera momento".
A planificación para a época de verán obedece á "racionalización dos recursos físicos e humanos", mantendo "a actividade clínica posible" e "garantindo a atención aos procesos que non admiten demora".
Relacionadas:
-
Protesta de SOS Sanidade no Hospital contra o peche de camas durante o verán
Por Redacción |
-
Protesta contra o "récord histórico" do peche estival de camas hospitalarias
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha concentración cidadá contra o peche de camas nos Hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Deitados para protestar contra o peche de 200 camas nos hospitais pontevedreses no verán
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |