A Lama prepárase para servir codillo anticrise a medio milleiro de persoas
Por Redacción
A Lama espera este domingo 18 de maio a medio milleiro de comensais para gozar da súa Festa do Codillo. Será a XIV edición da feira e, como novidade, o lomedro servirase estufado e terá prezos anticrisis, ao reducir os seus prezos de 10 a 8 euros.
O Concello da Lama ultima os preparativos para a celebración e este venres anunciou que o recinto festivo xa se atopa preparado para albergar este evento coa colocación dunha serie de carpas que darán cobertura aos asistentes a esta xornada de exaltación gastronómica.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, animou a veciños e visitantes a participar deste evento que rebaixa o prezo da ración do lote composto pola ración de codillo, prato de barro conmemorativo, pan, veu e cubertos. Será á 8 euros "co fin de facilitar a máxima participación cidadá neste evento e combater así os efectos da crise económica que aínda se deixa sentir na nosa comarca".
O xurado encargado de realizar a cata previa se decantó pola prepación estofada con patacas asadas presentada pola empresa Cátering Arelas. Servirase na Alameda da Lama a partir de mediodía.
Jorge Canda manifestou a súa satisfacción polo gran interese que levanta esta festa non só entre os residentes no municipio senón entre os centos de persoas que se achegan ata A Lama para participar neste evento de exaltación gastronómica dun dos manxares máis populares de Galicia, neste caso o codillo.
Ademais de poder degustar o popular codillo, haberá postos de polbo, empanadas e filloas. Tamén acompañarán a esta xornada de exaltación gastronómica unha exposición de motos antigas a cargo da asociación Motos Vintage e colocaranse postos artesanales para favorecer que o público poida completar dun xeito lúdica e entretida esta celebración. A nota musical correrá a cargo de Os Coribantes de Buchabade e a Charanga Os Encerellados.