Morre un hombre que traballaba cun tractor en Cambados
Por Redacción
Un home de avanzada idade que traballaba nun terreo do lugar do Ribeiro en Corbillón (Cambados) falecía cando, arredor das 9:40 deste martes 20, estaba a utilizar o seu tractor, un pequeno vehículo que utilizaba para desbrozar.
Segundo testemuñas que acudiron á zona, o home debeu perder o control do vehículo que impactou contra unha árbore quedando retido no interior e falecendo de inmediato.
Ata o terreo achegouse unha dotación de Urxencias Médicas, a Garda Civil, o servicio municipal de Protección Civil e os Bombeiros do Salnés.