O acusado de matar o irmán da súa noiva, culpable de homicidio por unanimidade do xurado
Por Natalia Puga
Alberto Sequenza Vila, o mozo acusado de matar o irmán da súa noiva cravándolle unha navalla, foi declarado culpable dun delito de homicidio coa circunstancia agravante de abuso de superioridade por decisión unánime do xurado popular que o xulgou durante os tres últimos días na Audiencia de Pontevedra.
Tras deliberar durante ao redor de sete horas, todos os membros do xurado concluíron unánimente que o acusado deu morte "intencionadamente" a David Barreiro no transcurso dunha pelexa no Grove. Todas as decisións do tribunal popular foron unánimes.
Sobre a base deste veredicto, a fiscal do caso pediu á presidenta do tribunal que impoña ao acusado unha condena de 15 anos de prisión, a pena que pediu dende o inicio do procedemento e a máxima recollida no Código Penal por un delito de homicidio. Interpreta, sobre a base das deliberacións do xurado, que Alberto Sequenza, "en el momento de clavarle la navaja (a David), anuló prácticamente sus posibilidades de defensa".
Ao respecto, a fiscal sostén que a vítima non tivo posibilidade de defensa nin previa nin posterior a que o procesado lle cravase a navalla, foille "absolutamente imposible" facelo, de modo que considera que a pena que debe impoñer o tribunal debe estar máis próxima á dun delito de asasinato, pola "cercanía de estos hechos a un asesinato", posto que o matou empregando unha navalla cando a súa vítima iba sen armas e porque o atacou "de forma sorpresiva".
Sobre a base deste mesmo veredicto, a avogada defensora de Alberto Sequenza, pediu á presidenta do tribunal que lle impoña a pena mínima recollida pola lei para un homicidio con agravante de abuso de superioridade, isto é, 12 anos e medio. Sostén que a lei xa non tivo en conta a "provocación por parte del fallecido", pois se citara co procesado no garaxe dos avós deste e "esta persona iba a pelearse e iba voluntariamente".
Ademais, a defensora pide que se teña en conta a idade do acusado no momento dos feitos, pois cumprira os 18 anos tan só un mes e medio antes do crime e, durante todo o xuízo, insistiu na súa inmadurez.
A nai do acusado: "los padres y la hermana (del fallecido) saben perfectamente que es excesivo"
O avogado da acusación particular pide igualmente a pena máxima para o procesado polo homicidio con agravante e considera que "no sería justa una sentencia que impusiese una pena inferior a 15 años", Insistió, ademais, nas "circunstancias dramáticas" nas que os pais do falecido perderon o seu fillo e pediu que se teñan en conta á hora de fixar a responsabilidade civil que debe pagar ao procesado á familia.
O veredicto do xurado provocou sorrisos e choros entre a familia do procesado, que non quixo valorar ante os medios a decisión. Si a valorou brevemente a nai do acusado, que a considera "desproporcionada".
A muller está convencida de que "los padres y la hermana (del fallecido) saben perfectamente que es excesivo" e que "en este caso hemos perdido todos". "Todos a lo largo de los años tendremos que pensar qué fallo hemos cometido como padres y hermanos de la victima y del acusado", concluíu.
Relacionadas:
-
Desestiman o recurso presentado polo mozo do Grove que matou o irmán da súa moza
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG revisará a sentenza contra o mozo do Grove acusado de matar o irmán da súa moza
Por Redacción |
-
Condenado a trece anos e medio de cadea por matar o irmán da súa noiva no Grove
Por Natalia Puga |
-
"Te odio. No me hables en tu vida. Mataste a mi hermano"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O acusado de matar o irmán da súa noiva no Grove recoñece que o acoitelou, pero foi "para defenderse"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Prorrogan a prisión por "risco de fuga" ao preso da Lama que intentou fuxirse dos xulgados da Parda
Por Natalia Puga |