Kitesurf nocturno pola autovía de Marín
Por Natalia Puga
Un kitesurfista perdeu o control este xoves e da praia de Lourido, en Poio, foi parar á autovía de Marín, encaixándose contra as rochas e caendo finalmente á auga, momento no que foi rescatado pola Policía Nacional.
Segundo indicaron fontes da Policía Nacional, unha persoa chamou o 112 ás 22.13 horas para comentar que a un kitesurfista que saíra de Lourido se lle rompera un cable da vela e estaba sen control, de modo que se mobilizou ás Forzas de Seguridade e servizos de emerxencias para buscalo. Se tratata dun veciño de Pontevedra de 32 anos ao que lle fixera de noite practicando este deporte.
Pouco despois, un condutor chamou alertando de que vira na Ría de Pontevedra un kitesurfista que se dirixía sen control cara á autovía de Marín á altura da factoría de Ence en Lourizán. Aos poucos metros, acabou chocando contra as rochas e caendo á auga.
Nese momento xa se mobilizaran cara á zona axentes da Policía Nacional de Marín e Pontevedra así como da Garda Civil. Os policías marinenses chegaron en primeiro lugar e socorrérono, tapándoo con mantas térmicas porque ante a diferenza de temperatura presentaba síntomas de hipotermia.