O PP acusa o Goberno local de Poio de ser "cómplice" da Policía Local
Por Redacción
O voceiro do PP de Poio, Anxo Moldes, acusa os membros do Goberno local de cómplices da Policía Local, ao considerar que non fixeron nada por "atallar o problema das sancións que se estaban a impoñer en Poio de forma reiterada, e coa que o Concello recadaba o dobre do que contemplaban os presupostos".
Os populares afirman que veñen denunciando este problema dende hai máis de dous anos trasladando non só as queixas dos veciños de Poio senón tamén dos comerciantes, colectivos e condutores. Segundo expón Ángel Moldes "dicían que estabamos facendo demagoxia e perseguindo vos traballadores do Concello". O voceiro popular indica que falaban de persecución á policía local por parte do Partido Popular de Poio e hai unha semana o alcalde e o concelleiro de Seguridade afirmaban que estaban contentos e satisfeitos co traballo da Policía Local, pero agora como a crispación é máxima e o tema é noticia a nivel nacional, din que van abrir unha comisión de investigación".
Moldes considera "vergonzosa" a actitude do alcalde "que non protestou nin fixo nada por este problema ata o momento porque era unha forma moi doada de recadar".
Ante o anuncio do alcalde de Poio, Luciano Sobral, de abrir unha comisión de Investigación, o voceiro da oposición asegura que "non é máis que un xeito de silenciar e tapar o problema por uns días". Os populares reclaman o Goberno local que se desculpe publicamente pola súa pasividade cara a este problema e reclaman o alcalde que diga exactamente cantas multas se tramitaron deste tipo: "Primeiro falaba dunha soa, despois de seis, e agora din que dez, pero saben que hai máis e tamén o número exacto" porque, segundo afirman, se aprobaron na Comisión de Goberno.
Relacionadas:
-
Recorrerán os policías locais de Poio a decisión do Concello de anular as multas por xirar o pescozo?
Por Oskar Viéitez |
-
A polémica polas multas "por xirar o pescozo" en Poio resolverase "en 15 días"
Por Natalia Puga |
-
Os policías de Poio descartan exceso de celo nas súas multas por virar a cabeza 45 grados
Por Oskar Viéitez |
-
A investigación das multas en Poio terá que esperar a que dean a alta aos axentes sancionadores
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción |