O Concello de Marín adxudica cinco postos no Mercado e un de hostelaría no Multiusos
Por Oskar Viéitez
O Concello finalizou o concurso adxudicando todas as cinco bancadas de peixe na Praza de Abastos de Marín e un posto no Multiúsos para hostalería. Quedando vacantes o posto de carnizaría ofertado no Mercado de Seixo, e un de floraría no Multiúsos.
Deste modo adxudícanse seis dos postos ofertados, variando o canon que se ingresa polos solicitantes dende os 5.000 euros ata os 15.067 euros do tope máis elevado. O período de concesión de cada posto é de 30 anos.
O resultado deste concurso é valorado con satisfacción dende o goberno local xa que se consegue ocupar a maioria dous portos que está libre co fin de seguir dinamizando unha actividade económica e comercial".