Os republicanos esixen un referendo sobre o futuro da monarquía
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
En Pontevedra, ao igual que sucedeu nas principais cidades galegas, multitude de persoas saíron á rúa para pedir unha III República e "un referendo xa" para elixir entre monarquía ou república tras o anuncio de abdicación do Rei.
Bandeiras tricoloras da República e 'estreleiras' nacionalistas ondearon na Praza da Peregrina nunha concentración participada por membros do goberno local pertencentes ao BNG, así como sindicalistas de CIG, representantes do 15 M, de Podemos, de Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Xuventudes Socialistas; Nós-UP ou membros de Compromiso por Galicia, entre outros colectivos.
A concentración, na que tamén se reclamou o dereito á autodeterminación de Galicia e unha II República Galega, desenvolveuse sen incidentes e concluíu coa interpretación do Himno Galego, e algúns berros como: 'Galiza mañá, República será'.
Relacionadas:
-
Concentración para que Pontevedra sexa "un dos referententes de mobilización popular pola III República"
Por Diego Torrado |
-
O BNG de Pontevedra di si á República e non a un referendo
Por Oskar Viéitez |
-
Os republicanos sairán de novo á rúa o sábado para reclamar un referendo
Por Redacción |
-
O PSOE de Pontevedra reclama a celebración dun referendo sobre a Monarquía
Por Oskar Viéitez |
-
Lores asegura que a abdicación do Rei debería aproveitarse para "dar o cambiazo" a unha República
Por Redacción |
-
O Rei abdica
Por Redacción | Creada e actualizada