Bandeiras de prestixio
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu este venres a entrega de bandeiras azuis dende o Museo do Mar de Vigo, apostando así pola candidatura de Cíes para Patrimonio da Humanidade.
Galicia é a comunidade autónoma de España con máis bandeiras azuis. En total 142, das que 123 o farán en praias. E a provincia de Pontevedra lucirá este ecodistintivo en 59 areais, cun especial protagonismo do Concello de Sanxenxo. Un aspecto destacado polo presidente da Xunta que fixo unha mención especial a Sanxenxo felicitando a alcaldesa por revalidar este fito. Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, marcouse como reto superar algún día a Sanxenxo.
"Ser de novo o municipio con maior número de Bandeiras Azuis de España e o sétimo a nivel mundial leva un prestixio a nivel nacional e internacional que se asocia á marca Sanxenxo e que lle outorga un valor engadido que recompensa todo o esforzo en medios materiais e persoais que facemos cada ano para elo dende a Administración local", sinalou a alcaldesa, Catalina González.
Ao igual que en anteriores tempadas estivais o Concello de Sanxenxo destinará unha contía superior a 600.000 euros ao operativo necesario para que "o principal reclamo turístico deste destino de referencia do Norte de España, como son os nosos areais, sigan atraendo a visitantes de todo o país, preservando, iso si, a súa calidade medioambiental que os fai merecedores das Bandeiras Azuis".
Relacionadas:
-
O Porto de Sanxenxo ingresa no club nacional de excelencia ao lograr a Q de calidade turística
Por Redacción |
-
Canto custa unha bandeira azul?
Por Oskar Viéitez |
-
Os portos de Vilanova, Pedras Negras, Sanxenxo, Portonovo e Combarro manteñen a súa bandeira azul
Por Redacción |
-
Sanxenxo segue a ser o municipio con mais bandeiras azuis, con 14 praias
Por Redacción |