Todo listo en Poio para as festas de San Xoán, nas que repite a orquestra Panorama
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Poio, Luciano Sobral e a concelleira de Festas, Marga Caldas, debullaron o contido do programa de festas San Xoan 2014, que abrangue dende o sábado 14 ata o xoves 26 de xuño, cun presuposto similar ao de anos anteriores a programación inclúe varias novidades como teatro, unha marcha de bicicletas clásicas, unha carreira nocturna e citas clásicas como o concerto da orquestra Panorama.
A xornada do sábado 14 arrancará coa inauguración da Mostra de Canteiros no Casal de Ferreirós e ás 20:30 horas o XVI Certamen de Canto Coral no Mosteiro de Poio, coas corais polifónicas de Ponteareas, Lembranzas de Marín e Poio.
O Domingo 15 ás 9:30 horas terá lugar a primeira Marcha de Bicicletas clásicas Pontevedra-Poio. Con saída ás 9:30 horas da Praza de España en Pontevedra e chegada á Praza da Chousa en Combarro ás 10:30 horas e volta a Pontevedra ás 12.
Esta mesma xornada, ás 17:30 horas, celebrarase o VIII Festival de Intercambio folclórico 'Agrupación Cultural Vides Novas' no local da Comunidade de Montes San Xoán, na Seca coa participación das agrupacións folclóricas San Roque de Cangas, Seitoxiñas de Tomeza, Cantareiras ás Madia Leva de Meis e a asociación anfitriona.
Entre as novidades deste ano, encóntrase a inclusión do teatro. Será o venres 20, ás 21:30 horas a cargo da Compañía Armadiña Teatro que poñerá en escena a obra Saúde, Privates Hospital, no teatro do Convento de Poio e con entrada gratuíta.
"O Carrabouxo", será o pregoeiro de San Xoán 2014
O viñetista Xosé Lois González, máis coñecido como "O Carrabouxo", será o pregoeiro de San Xoán 2014 o domingo 22 ás 21:00 horas dende o balcón da casa consistorial. Con tal ocasión farase entrega dos premios aos finalistas do concurso de carteis, aos deportistas máis destacados e antes de degustar a rosca e o viño na praza do Mosteiro terá lugar o concerto das bandas de música de Arcade e de Poio.
Ás 20:00 horas sairá do Parque da Memoria, a primeira Carreira Nocturna "8Q San Xoán de Poio".
DÍA GRANDE
O luns 23 é o día grande das festas patronais de Poio e como tal arrancará a xornada con alboradas nas parroquias. Este ano as festas incluirán entre as súas actividades programadas a recollida das "herbas de San Xoán". ÿ unha iniciativa da Asociación Ronsel que convoca a saída ás 20:00 horas dende a Praza de Arís.
Ao prezo de dous euros, igual que nos últimos anos, na Seca poderase degustar as sardiñas
Ao prezo de dous euros, igual que nos últimos anos, na Seca poderase degustar a sardiña, cunca e viño. Prepararanse 300 quilos de sardiñas mentres soa a música da verbena amenizada polas orquestras Mosaico e Magos de España.
Ás 23:30 horas arranca o "Espectáculo de lume" e o posterior prendido da gran cacharela da Seca.
REPITE A ORQUESTRA PANORAMA
Os máis trasnoitadores espertaranse ao ritmo das agrupacións folclóricas que o martes 24 saudarán as parroquias con alboradas. Ás doce do mediodía terá lugar a Misa Solemne, coa actuación da Coral Virxe da Renda de Combarro e ao finalizar, concerto a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.
Pola noite, ás 22.00 horas, verbena coas orquestras Televisión e Palladium.
O mércores 25 a Misa será en honor a Santa Trahamunda, coa actuación da Coral de Poio. Ao rematar, ás 13:00 horas, será o concerto da Banda de Música Cultural de Arcade. A esa mesma hora está programada pola Asociación Vides Novas, a Suba a San Martiño.
A gran protagonista do mércores é orquesta Panorama
Os grandes protagonistas da xornada son os membros da orquestra Panorama, que se converteron nunha cita obrigada nas festas de Poio, reunindo miles de seguidores. Actuarán xunto á orquestra Xerusalén.
Finalmente o xoves 26 despois da Misa en honor a San Fructuoso, coa actuación da Coral Virxe de Fátima de Campelo, soará a música da Banda Xuvenil de Barro na praza do Mosteiro.
Ás 0:00 horas, fogos de lucería, a reunión concluirá ao ritmo das orquestras Cinema e La Oca.
Relacionadas:
-
Panorama presenta en Sanxenxo o videoclip de 'Mete pal cuerpo', incluído en Caribe Mix 2014
Por Redacción |
-
Poio goza das cacharelas no seu día grande
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Exhibición de coches de época en Combarro
Por Diego Torrado |
-
Primeira Marcha de bicicletas clásicas entre Pontevedra e Poio
Por Redacción |