Primeira Marcha de bicicletas clásicas entre Pontevedra e Poio
Por Redacción
Os concellos de Pontevedra e de Poio organizan este domingo, 15 de xuño, a primeira Marcha Cicloclásica co obxectivo de promover a recuperación das bicicletas antigas e clásicas (son aquelas que teñen máis de 20 anos).
Será un paseo que partirá ás 09.30 horas da praza de España para chegar a través de Lourido e Campelo á praza da Chousa de Combarro, onde haberá un avituallamento para os ciclistas así como unha visita ao conxunto histórico, xa que se prevé a presenza de ciclistas Boutros municipios. Volverase a Pontevedra pola mesma ruta.
A organización está xestionando que acompañe a marcha as policías locais de Pontevedra e Poio con motos clásicas, a Cruz Vermella cunha ambulancia modelo 1.500 dos anos sesenta, e varios coches de apoio.
Na actualidade xa están 40 persoas inscritas, que as que queiran asistir poderán facelo en Bicicletas Farto, no correo rutasbttcidadedepontevedra@gmail.com ou no teléfono 696 27 10 07.