Os bombeiros extraen o cadáver dun home na rúa Almirante Matos
Por Diego Torrado
O mal olor procedente dunha vivenda da rúa Almirante Matos levou a que os veciños alertasen a Policía Local que unha vez na zona, tivo que solicitar a intervención dos bombeiros para poder acceder á vivenda. A dotación dos bombeiros do Parque Municipal entraron a través da ventá e dende o interior abriron a porta do piso, onde os axentes se encontraron cun home falecido.
O cadáver ofrecía signos de avanzada descomposición e o corpo encontrábase cos brazos abertos nunha postura que, debido ao rigor mortis, dificultaba a retirada do home por parte da funeraria a través do ascensor ou das escaleiras. Foi necesaria, de novo, a intervención dos bombeiros para que retirasen os restos mortais a través da ventá do edificio portándoo nunha padiola e utilizando o brazo mecánico ata poder baixalo á rúa.
Segundo informaron os bombeiros, o corpo superaba os 100 quilos de peso e encontrábase inchado, de maneira que o seu traslado resultou dificultoso.
O cadáver non presentaba signos de violencia.