Pontevedra estrea novos carteis sobre a prohibición de venda de alcohol e tabaco a menores
Por Redacción
Os establecementos que venden alcol e tabaco, especialmente os de hostalería, están a mudar a cartelería que avisa da prohibición de venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco e alcol a menores de idade. Os novos carteis, que están sendo distribuídos polo Concello de Pontevedra e a Consellería de Sanidade, deberán de estar situados nun lugar ben visible, cumprindo así coa lexislación vixente.
Esta campaña está enmarcada dentro do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas, para dar cumprimento á normativa sobre as medidas reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco e do alcohol a menores de 18 anos.
No caso de que algún establecemento non recibise a cartelería ou quixese máis exemplares poderá solicitalos gratuitamente nas dependencias da Casa Azul, onde se atopan as oficinas do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas ou a través do correo pgonzalez@pontevedra.eu.