Localizan un Audi a 160 km/h na recta da Barosa
Por Redacción
Un mozo de 20 anos de idade e veciño de Caldas de Reis está imputado pola Garda Civil de Tráfico como suposto autor dun delito contra a seguridade vial, ao ter superado o dobre da velocidade permitida na recta da Barosa, no concello de Barro.
O día 16, no punto quilométrico 104 da estrada N-550, os axentes da Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Pontevedra detectaron a través do radar a un vehículo da marca Audi, modelo A3, que circulaba a 160 km/h. en dirección a Santiago por unha recta na que o límite de velocidade se sitúa nos 70 km/h., debido a que se encontra nunha intersección de vías coa presenza dalgunhas vivendas.
O condutor foi identificado, instantes despois, polos axentes que instruíron as dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución de Garda dos de Caldas de Reis, onde terá que prestar declaración como imputado cando sexa requirido.