Buscan o autor dun atropelo na estación de servizo da Autovía do Salnés
Por Redacción
A Garda Civil busca o condutor dun vehículo que atropelou un mozo na estación de servizo da Autovía do Salnés, en Meis, na madrugada deste domingo.
As forzas de seguridade intentan esclarecer as circunstancias do suceso, se ben segundo as primeiras indagacións podería tratarse dun atropelo intencionado desencadeado por unha discusión, tras a cal o condutor fuxiu.
O atropelo produciuse minutos antes das 7:00 da mañá cando o mozo que resultou ferido saía da cafetaría da estación de servizo para subir ao seu coche.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Meis e 061, traslando estes últimos á vítima a un centro sanitario.