Cuntis retrocede tres séculos coa Feira Histórica do Dezaoito
Por Redacción
A pesar da amenza da chuvia durante boa parte da xornada a carballeira de Troáns, en Cuntis, encheuse de visitantes este sábado na Feira Histórica do Dezaoito.
Os asistentes puideron gozar de diferentes actividades, dende a venda de produtos tradicionais e ecolóxicos á actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis
Durante a xornada tamén se desenvolveron xogos populares e unha degustación gastronómica.
A Feira HIstórica do Dezaoito chegou este ano á súa sexta edición como recordo aos mercados rurais que se celebraban con asiduidade na bisbarra.