Masa Crítica celebra tres anos de actividade dándolle os pedais
Por Redacción
Os ciclousuarios de Pontevedra celebrarán o terceiro aniversario de Masa Crítica, a organización que reivindica o espazo dos ciclistas na calzada, cun paseo pola cidade que partirá da praza da Peregrina o xoves ás 21.00 horas.
O colectivo segue reclamando outro modelo de vida e de transporte e recorda que durante estes tres anos recibiron o Premio á Mobilidade Ciclista 2014 por parte do Concello e lograron que numerosos veciños se sumasen ao uso da bicicleta como medio para circular pola cidade.
Esta agrupación afirma que seguirá traballando para que cada vez sexan máis os cidadáns que decidan abandonar as cadeiras de brazos das súas casas e dos seus coches para moverse pedaleando e pensando na súa saúde.