McDonald's estuda construír un McAuto na Avenida de Lugo
Por Redacción
A comisión de Urbanismo decidíu dar vía libre para que McDonald's presente un proxecto e solicite a licenza para a construción dun McAuto na Avenida de Lugo, na parcela situada a carón dunha empresa de lavado de automóbiles.
Pontevedra é a única cidade galega onde a cadea de restaurantes non ten presenza, segundo afirmou o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro.
Na comisión tamén se aprobou o plan para a futura urbanización de 22.000 metros cadrados preto do Colexio de Villaverde en Mourente. Agora será trasladado á Xunta para a súa aprobación definitiva. Trátase dun plan de sectorización que data do ano 2004 e contempla a construción de 40 chalés, 19 de protección autonómica e 21 de promoción libre.
Tamén se deu conta do informe negativo por parte de Patrimonio ao acabado de superficie do aparcadoiro da Horta do Cura pola solución arquitectónica establecida na entrada e saída da rúa Bastida.