Striptease masculino e feminino na concentración moteira Vila de Marín
Por Redacción
A organización da concentración de motos 'Vila de Marín', que se desenvolverá dende o venres 4 ao domingo 6 de xullo, agarda que 2.500 persoas acudan a este evento.
Os actos principais realizaranse no paseo Antonio Blanco, segundo explicaron os membros da asociación organizadora, Freebones Bikes, durante a presentación na que estiveron acompañados polo concelleiro de Fiestas, Luis Lago. O Concello de Marín apoia economicamente a actividade e o concelleiro mostrábase satisfeito porque este ano se suprime a carpa nas que se lles ofrecía aos participantes a cea e o almorzo durante a fin de semana, de tal forma que agora os motoristas se trasladarán aos locais de Marín, colaboradores desta cita, para realizar as súas consumicións.
Dentro da programación, o venres haberá concertos de Green Envy, Chroma e Breaking' Bones. O sábado poderase ver unha exhibición a cargo de Choppershows ás 19.00 horas. A partir das 23.30 realizarase unha ruta de fachos e pasada a media noite haberá unha sesión de D.J. que dará paso ás 3.00 horas a un streap-tease masculino e feminino.
Durante a xornada do domingo poderase gozar, entre outras actividades, dunha sesión vermú de despedida, polbeira con prezos populares e entrega de trofeos.