O Bloque proporá ao pleno que se desafecte unha nave do porto para uso deportivo
Por Redacción
O grupo municipal do BNG en Marín presentou unha moción relativa á desafectación da nave almacén actualmente bajo concesión de la empresa Pérez Torres Marítima S.L., una vez que quede sen uso para destinala a uso náutico-deportivo para dar cobertura aos clubs de piragüismo, remo e pesca deportiva.
ÿ o Ministerio de Fomento o organismo que determina nos portos de titularidade estatal as zonas que se poidan destinar á integración porto-cidade. Na maioría dos portos, como é o caso de Marín, moitos espazos perderon a súa funcionalidade de xeito que poden admitir actividades vinculadas á cidade de xeito que non se prexudique o desenvolvemento futuro do porto.
Neste sentido, o BNG ven de propoñer, recentemente, a través das alegacións ao Plan de Usos do Porto, que se desafecte do seu uso portuario a nave almacén. A alegación foi desestimada.
Sen embargo, con posterioridade á publicación da proposta do BNG, a Autoridade Portuaria anunciou a cesión de 3.000 metros cadrados de terreo no entorno da Praza de España, ao tempo que se refería á posible desaparición a medio prazo da nave almacén, xa que a titularidade é da Autoridade Portuaria e a empresa que a utiliza xa solicitou autorización para construír outra na zona de expansión, polo que cando quede sen uso pódese eliminar, atendendo á demanda do Concello.