Protección e primeiros auxilios para os colexios de Sanxenxo
Por Redacción
Dotar ao profesorado e alumnado de coñecementos básicos sobre autoprotección e primeiros auxilios que axuden ante posibles casos de accidentes ou enfermidades repentinas. ÿ o obxectivo do Plan de Autoprotección que porá en marcha en decembro o Concello de Sanxenxo dirixido aos centros educativos do municipio.
Tres colexios serán os elixidos nunha primeira fase coa intención de mellorar as súas condicións de seguridade, aínda que a inciativa estenderase durante o resto do curso lectivo aos demais centros.
O Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo é o encargado da formación, baseada no desenvolvemento de simulacros para que alumnos e profesores poidan intervir adecuadamente ante unha situación de urxencia.
Ademais destes obxectivos o goberno local pretende detectar posibles deficiencias nas instalacións ou nos plans de avacuación elaborados para colexios e institutos.