O PP intentará actuar de mediador para desbloquear o peche do matadoiro
Por Oskar Viéitez
Varios traballadores da empresa Carnifex reuníronse este luns co portavoz municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, para solicitar a súa mediación no conflito que mantén pechado o matadoiro de Pontevedra desde o pasado 30 de abril.
No encontro estudáronse os pormenores da concesión municipal pola que opera esta empresa nas instalacións de Alba. Este pliego obriga ao concello a fiscalizar a xestión do concesionario dictando instrucións para a mellor execución do contrato. Segundo este documento entre as obrigas do Concello figura o cumprimento da normativa hixiénico sanitaria do edificio para poder prestar este servizo.
"La situación permanece en un aparente bloqueo", explicou Jacobo Moreira
Neste senso, Jacobo Moreira, preguntará ao goberno local polos controis que se levaron a cabo durante todos estes anos. O portavoz popular asegura que "choca mucho que el Concello, por lo que sabemos, no haya realizado ninguna inspección y que ahora por parte de los inspectores de la Xunta se detecten hasta 30 deficiencias que son las que se enumeran en el acta de sanidad", afirmou.
En canto ao persoal do matadoiro os 17 traballadores están nun expediente de regulación de emprego (ERE) de carácter suspensivo "para nosotros ésta es la principal preocupación y visto que el Concello no mueve ficha desde el grupo municipal del PP vamos a intentar mediar", adiantou Moreira.
O PP trasladou aos traballadores o seu temor a que a concesionaria do servizo "tente aproveitar o conflito para afrontar un indeterminado número de despedimentos".
As xestións dos populares para que a empresa retome a súa actividade e os traballadores poidan manter o emprego dirixiranse tamén á Xunta de Galicia. "Trataré de mediar, visto que el Concello parece que echa los balones fuera", insistiu.
"La situación permanece en un aparente bloqueo", explicou Jacobo Moreira, "ya que la empresa argumenta que aunque tienen un listado de deficiencias carecen de un informe con las obras que tienen que realizar para subsanarlas".
O Concello abriu un expediente informativo desde a Concellaría de Mercados. Pola súa banda a Xunta abriu un expediente sancionador ao Concello, que se suma ao que se tramita contra a concesionaria da instalación.
Os traballadores da empresa Carnifex tamén solicitaron unha entrevista coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.