Programan plans de formación específicos para as empresas de Marín
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo e o concelleiro de Urbanismo e Facenda, Manuel Santos, participaron nunha reunión de traballo co presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez e co Presidente e a Secretaria da Cámara de Comercio de Pontevedra, Eduardo Barros, e Charo Lorenzo, respectivamente.
A reunión tiña o obxectivo de formular unha serie de iniciativas encamiñadas a desenvolver plans de formación que ofrecerán a partir do mes de setembro e que pretenden dotar ao sector industrial, empresarial e comercial unha serie de ferramentas que de xeito gratuíto lles faciliten o seu labor e se orienten a profesionalizar e avanzar dentro de cada un dos contidos que se desenvolvan.
O Concello de Marín participará nestas iniciativas que pretenden dar un impulso ás empresas locais.
O Concello de Marín e a Autoridade Portuaria coincidiron en valorar a iniciativa como moi positiva, e acordaron perfilar os contidos destes plans de formación para que sexan de interese real para as empresas que están situadas nesta zona.
O obxectivo que se pretende é favorecer a apertura, a modernización e a internacionalización das empresas.