Rescatado de ter que emigrar
Por Redacción
O que a segue, consíguea.
Pablo Pedrido titulárase recentemente en Publicidade e Relacións Públicas e tras unha primeira procura de emprego pouco frutífera, decidiu probar dun xeito máis orixinal creando no pasado mes de xuño unha campaña virtual, rescataunespañol.com, unha páxina web na que presentaba dunha forma moi visual o seu currículo e as súas propostas creativas, póndose como límite 30 días para ser contratado, senón veríase na obriga de emigrar fóra de España.
Pero non fixo falla, o proxecto deu os seus froitos e Pedrido foi finalmente rescatado por unha axencia de publicidade catalá, globally.es, que coñeceu esta iniciativa a través dos medios de comunicación.
Segundo recolle a periodista Bea Feijóo na web da Universidade de Vigo, tras uns primeiros meses de incerteza tras titularse, Pablo Pedrido confesa sentirse moi contento polos resultados acadados coa campaña que deseñou pois o que era soamente unha idea con moi pouco orzamento conseguiu facerse realidade.
Aínda a voltas coa mudanza, pois finalmente tivo que 'emigrar' de Vigo a Barcelona, este ex alumno da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra irradia optimismo e confianza xa que nunha profesión como a publicidade, na que vivimos de ideas, que unha iniciativa propia e illada logre máis ou menos cumprir o obxectivo é todo un éxito, declara.
Fai un balance moi positivo da experiencia, a verdade é que non puido ir mellor, conseguín o meu primeiro emprego, resalta e agradécelle o tempo dedicado a todos e todas que colaboraron na difusión da campaña, porque sen eles, o resultado tería sido ben distinto.
Salvado no último día de campaña
Pedrido acábase de incorporar como executivo de contas da axencia de comunicación globally.es hai menos dunha semana e admite sentirse encantado co traballo.
Dende a axencia declararon que non foi ata o último día da campaña cando coñeceron da existencia de Pedrido, grazas á difusión da súa iniciativa en el periódico El Mundo, en un artículo publicado por la periodista de PontevedraViva.com, Natalia Puga.