Uns gamberros converten a Fraga en Superman
Por Oskar Viéitez
A escultura cambadesa do expresidente da Xunta, Manuel Fraga, amenceu onte domingo pintada.
Uns gamberros converteron a imaxe de Don Manuel nunha réplica de Supermán. Así a capa de Cabaleiro do Albariño foi coloreada de vermello e sobre o peito da figura debuxaron o "S" do superheroe do planeta Kripton.
A escultura, de bronce e dous metros de altura, e pagada por "empresarios do sector do viño" atópase no xardín privado do Pazo de Torrado.
Xa pasaron catro meses desde que esta estatua de Manuel Fraga fose inaugurada en Cambados no medio dunha gran polémica durante a Festa do Albariño.
Curiosamente esta actuación vandálica recrea similares montaxes fotográficas aparecidas na Internet.
O igual que ocurrió co Cristo de Borja e a súa penosa restauración, a escultura de Fraga está a recibir multitude de visitas de curiosos.