Deteñen un menor de Vilanova acusado de vender droga a pequena escala en zonas de lecer
Por Redacción
A Garda Civil detivo a un menor de idade, veciño de Vilanova de Arousa, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, ao ser sorprendido polos axentes traficando con drogas a pequena escala. Foi dentro do control que se vén realizando para a erradicación de tráfico e consumo de estupefacientes en zonas e locais de ocio e diversión.
Os feitos sucederon cando unha patrulla do cuartel de Vilagarcía procedeu á identificación do mozo. Ante o seu aparente nerviosismo e en intento de irse da zona ao decatarse da presenza policial, os axentes practicáronlle un rexistro superficial.
Localizóuselle no peto da cazadora dúas barras de haxix e varios anacos máis pequenos e na mochila que portaba incautáronselle 11 barriñas da mesma substancia e un gromo de marihuana, todo iso preparado para a súa suposta venda.
Por todo iso, a Garda Civil procedeu á súa detención. Xa nas dependencias oficiais, o pai fixo dunha báscula de precisión que o seu fillo tiña na casa, tras o cal se procedeu á instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas na Fiscalía de Menores. O mozo quedou en liberdade con cargos.