O Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra dependerá da Deputación
Por Redacción
O Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra quedou adscrito á Deputación, segundo determinou o pleno reunido este xoves no Pazo Provincial no que participaron, entre outros, o director xeneral de Emerxencias, Santiago Villanueva, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o delegado da Xunta, Cores Tourís, e o xerente provincial, Juan José Feijoo.
O director xeral de Emerxencias de la Xunta informou que como "principal tema" abordado durante o pleno, teñen inicio os trámites de adscrición do consorcio á Deputación, como un dos entes que forman parte del. "Por razones de territorialidad se va a adscribir a la Diputación de Pontevedra, hay una serie de criterios en la nueva normativa que obligan a adscribir a uno de los entes consorciados", explicou Villanueva.
Un segundo acordo adoptado polo pleno foi a cesión gratuíta á mancomunidade de Val Miñor dun camión de incendios. O vehículo, marca Mercedes, dará servizo aos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar e reforzará os traballos doutros parques do sur provincial como os de Porriño e Ponteareas.
Finalmente o pleno aprobou tamén a conta xeneral do consorcio no exercicio 2013 que ofreceu un superávit presupostario de 323.242 euros. Nunha anterior sesión, os membros do Pleno xa aprobaron o presuposto do consorcio para este ano, cifrado en 3,1 millóns de euros.
Na sesión, informouse do estado de execución das melloras ofertadas pola empresa adxudicataria da concesión do servizo de intervención en emerxencias do consorcio, Matinsa, nos parques de Vilagarcía, Ribadumia, Bueu, Porriño e Ponteareas
Entre esas melloras algunhas xa se desenvolveron e outras están en curso, como por exemplo máis medios técnicos e humanos; 13.120 horas ao ano a disposición do consorcio e a cargo do concesionario; un plan de intervención detallado; melloras na formación do persoal; melloras sociais para os traballadores por un importe de 12.916 euros ao ano e pólizas de responsabilidade civil (120.000 euros en caso de morte ou de 60.000 en caso de incapacidade).
Relacionadas:
-
Inspección de Traballo obriga a corrixir deficiencias no servizo de bombeiros do Consorcio Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán descarta a creación dun parque de bombeiros para Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Consorcio de Bombeiros de Pontevedra reforza o servizo dos parques comarcais
Por Redacción |
-
O Consorcio provincial de bombeiros asina o seu primeiro convenio colectivo
Por Oskar Viéitez |
-
Os novos bombeiros fórmanse en Vilagarcía
Por Redacción |
-
O consorcio de bombeiros aforra un millón ao ano "por non facer cada un a guerra pola súa conta"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Louzán anuncia que o Consorcio Provincial de Bombeiros estuda abrirse a máis concellos
Por Redacción |