A Pontevedra a declaración de Facenda sáelle a devolver
Por Alejandro Espiño
725.000 euros. ÿ en números redondos a cantidade que o Estado deberá reingresar ás arcas municipais de Pontevedra pola liquidación de 2012. Foi un dos asuntos que se analizou nunha reunión extraordinaria da comisión de Economía e Facenda. No devandito encontro aprobouse, por unanimidade, o estado das contas relativas ao presuposto de 2013 e as operacións realizadas nese exercicio.
Segundo explicou Raimundo González, as contas municipais de 2013 pecháronse cuns gastos de 75.521.000 euros. O superávit foi de 1.052.000 euros, un diñeiro que o goberno municipal pretende destinar a reducir a débeda do Concello de Pontevedra, actualmente situada en, aproximadamente, 19 millóns de euros. Esta cantidade tradúcese nun índice de endebedamento do 30%, moi debaixo do límite legal.
O remanente líquido de tesouraría situábase, a peche de exercicio, en 12.686.000 euros. Desa cantidade, o concelleiro de Facenda sinalou que nas diferentes operacións de modificación de crédito se utilizaron 4,2 millóns de euros, destinados principalmente a investimentos.
Así consta nos documentos que se remitirán ao Consello de Contas a ao Tribunal de Cuentas.
Todos estes datos, sumados á solvencia demostrada no pagamento a provedores en menos de 30 días e a existencia de tesouraría abondo para aboar facturas sen problemas, "mostran a boa saúde económica e financeira" do Concello de Pontevedra, concluíu o edil nacionalista.