As praias de Loira e Aguete prepáranse para recibir as actividades de 'Máis Mar Marín'
Por Redacción
A praia de Aguete recibirá este fin de semana, dende o venres 15 ata o domingo 17 de agosto, as actividades do programa 'Máis Mar Marín'.
Trátase da segunda quenda despois das xornadas organizadas nos areais de Portocelo e Mogor, nas que segundo a organización preto de 17.000 persoas participaron na decena de actividades habilitadas.
Entre estas actividades destacan os inchables na auga ou o kaiak, para nenos e adultos, ao que agora se suman dúas master-class de ioga tibetano impartidas pola Escola Internacional de Ioga Tibetano e Meditación.
O horario das actividades será de 11:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas.
Tras a montaxe en Aguete, Loira recollerá a testemuña entre o martes 19 e o venres 22 de agosto.