Froiz e Aquagest renovan a súa colaboración coa programación do Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño
18.000 euros. ÿ a cantidade económica que tres empresas pontevedresas cederon ao Concello de Pontevedra para colaborar no financiamento da programación cultural do Pazo da Cultura e o Teatro Principal. En virtude do convenio asinado, Froiz doará 12.000 euros e Aquagest, 3.000 euros. Unha terceira empresa que, segundo o alcalde, quere manterse no anonimato, cederá outros 3.000 euros.
Estas empresas manteñen así as cantidades do ano pasado, o que Miguel Fernández Lores agradeceu "nun momento no que moitas outras firmas deixaron de facer aportacións importantes". Neste sentido, recordou que hai anos, "só Caixanova, Caixa Galicia e a Deputación de Pontevedra investían case 500.000 euros", e que ata sete empresas locais colaboraban co Pazo dá Cultura.
A pesar diso, Fernández Lores explicou que "con estes bimbios imos facendo un cestiño" e felicitou aos responsables do Pazo dá Cultura de manter unha importante programación, a pesar da redución orzamentaria. "Esperemos que a situación cambie e veñan os brotes verdes e os espárragos trigueros", ironizou o alcalde. "Pero sobre todo que nunca sexa peor que agora".