Identifican tres mulleres por furtos en tendas da zona comercial de Pontevedra
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron tres mozas como presuntas autoras de varios furtos en distintos establecementos comerciais de Pontevedra.
O luns 8 de setembro pola mañá, os axentes encontrábanse realizando labores de prevención da seguridade cidadá polas inmediacións da rúa Benito Corbal e foron requiridos polo responsable dun establecemento comercial da zona que sorprendera unha moza cando trataba de pasar pola espazo de caixas cun bolso habilitado para eludir as alarmas, no interior portaba cinco pezas de roupa coas súas correspondentes etiquetas e alarmas.
A moza recoñeceu, tras ser identificada, que subtraera as pezas que teñen un valor de 57,95 euros. Foi citada para un xuízo rápido por falta.
O martes 9 de setembro ás 19.05 horas, a central da Comisaría recibía unha chamada a últimas horas da tarde na que se alertaba da presenza de dúas mulleres, con antecedentes policiais, furtando roupa no interior dunha tenda da rúa Benito Corbal. As dúas fuxíronse tras intentar ser interceptadas polas encargadas do comercio. Foron localizadas por unha patrulla policial na Praza de Barcelos e os axentes entregáronlles unha citación para que asistan a un xuízo rápido por falta.
A zona de Benito Corbal converteuse nun punto habitual para o intento de furtos e roubos con motivo da actividade comercial que se rexistra nese espazo da cidade.
Relacionadas:
-
Identifican un home de 47 anos acusado de varios furtos en tendas de roupa de Benito Corbal
Por Redacción |
-
Identifican dúas mozas tras subtraer 43 pares de pendentes e prendas de roupa en Benito Corbal
Por Redacción |
-
Identifican cinco mulleres por furtar nunha farmacia e un comercio de Benito Corbal
Por Redacción |