Identifican cinco mulleres por furtar nunha farmacia e un comercio de Benito Corbal
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra identificou nas útlimas semanas a cinco mulleres, todas elas veciñas do poboado do Vao, como presuntas autoras de faltas de furto por ter supostamente subtraído mercancía dunha farmacia e unha tenda de roupa da rúa Benito Corbal.
O primeiro dos furtos rexistrouse o 26 de agosto nunha farmacia. Tras recibir unha alerta cidadá, unha patrulla da Policía Local desprazouse a citada farmacia, onde os responsables informaron aos axentes de que tres mulleres subtraeran produtos cosméticos e se ausentaran do lugar.
Os responsables do establecemento facilitaron aos axenes unha descrición das supostas ladroas e conseguiron localizalas la praza de Barcelos e identificalas e imputalas como preuntas autoras dunha falta de furto.
Ao día seguinte, o 27 de agosto, sobre s 13.00 horas, produciuse o segundo furto. Ocorreu na tenda H&M, onde unhas empregadas retiveron a dúas mulleres que podían estar furtando prendas de ropa.
Dende o local alertaron á Policía Local e, unha vez no lugar, os axentes entrevistaron ás empregadas. Manifestáronlles que viran a estas dúas mulleres acumulando roupa nunha zona da tenda e posteriormente metendo as pezas nun bolso coa intención de marchar do local. Nese momento, déronlles o alto.
Os axentes identificaron as dúas mulleres, tamén veciñas do Vao, e recuperaron sete prendas de roupa no interior do bolso. Ante os feitos, imputáronas por unha falta por furto.
Relacionadas:
-
Identifican tres mulleres por furtos en tendas da zona comercial de Pontevedra
Por Redacción |
-
O dispositivo policial contra os roubos en Rebaixas dá os seus primeiros froitos e identifica dúas supostas ladroas
Por Redacción |
-
Identificadas oito mulleres por furtos en comercios de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |