Tendencias de moda para mozas. Pistas para ter éxito nos vosos agasallos, mozos
Por Sylvie Tartán
Queridas lectoras, aínda cando os días de praia se están a prolongar no calendario e os santos veranciños comezan a despuntar, non vos podo negar que, co que realmente estou a soñar, é con arrouparme entre cálidas las e amolecidos tecidos invernais. Por iso e para evitar os posibles danos da falta de previsión en caso de era glaciar repentina, estiven a visitar Parisienne, unha das miñas boutiques preferidas en Pontevedra, que me dá a tranquilidade de ter un anaquiño de Paris, a golpe de pedra.
Con total look de Ba&sh e sandalias para inverno de Sweedish Hasbeens
Eva, a súa propietaria, coa simpatía e amabilidade que lle caracterizan, estívome a asesorar no que a tendencias de moda se refire. Contoume que o furor da combinación branco e negro non decae. Se habitualmente ambas as dúas cores se encontraban en pezas distintas, agora chega este clásico bicolor coa novidade do estampado. A faldra negra consolídase como a raíña do inverno en todas as súas versións e o vestido, pola contra, perde terreo.
Faldra Des Petits Hauts e suadoiro Maison Scotch. Os bolsos XXL continúan de moda. Este é de Sessun
Os suadoiros xa non son, nin só para o verán, nin só para facer deporte, dende hai tempo. Agora teredes que conservalas permanentemente no voso armario. Serviranvos para saír de festa porque se engalanan con pedrarías e aplicacións pero tamén para saír pola mañá porque son calentitas e os seus adornos casan ben co almorzo.
Sigamos!
Me siento oh, la, la! con pantalones de Reiko, camiseta a rayas Des Petits Hauts y abrigo azul con lazo de Paul & Joe Sister. El sombrero de estilo masculino está firmado por Maison Soctch
Os tons pastel darán un toque primaveral dunha ñoñería irresistible ao outono quitándolle seriedade. E si, nos iremos de cruceiro pola ría, porque as raias mariñeiras non se ocultan senón que se manteñen ata en inverno en forma de jerseis e bufandas. O punto groso continúa en voga, os animalillos seguen saltando entre print e print e o gris consolídase pero únese á cor crua como cóctel novidoso, axitado e non mesturado.
O meu mantra: "Son un gato con nariciña cor salmón de Paul & Joe Sister e levo plumífero a xogo de Des Petits Hauts"
Os leggings, esa controvertida peza que ten a virtude de destruír e enxalzar os tipitos das súas usuarias segundo se terce, incorpóranse ás coleccións máis elitistas e xa poden comprar na súa versión máis deluxe. E, aínda que o abrigo é a peza invernal por excelencia, Eva cóntanos que en Pontevedra o que máis se demanda son impermeables e plumíferos. Ande eu quente (e seca), ría a xente!
Para as máis atrevidas, os nosos adorados zocos de Swedish Hasbeens, agora para o inverno en forma de sandalia con medias negras ben mestas ou en forma de abrigoso botín nórdico, co que queirades.
Que hai pouco presuposto pero non queremos renunciar a poñerlle un punto chic ao noso atavío? Elixide un complemento que vos dea alegría de estrear esta tempada sen grandes investimentos de diñeiro pero grandes amortizacións de rendemento. Os fulares poden ser un bo aliado nesta tesitura. Estampados e nas cores outonais do momento, os de Beck Sonder Gaard, podédelos adquirir tamén en Parisienne, o noso rinconcito parisiense en Pontevedra.
E eu voume correndo a deixar as miñas compras na casa a bo recado e a aproveitar os estertores do verán que se resiste a abandonarnos. Que teñades unha rentrée estupenda!
Bicos e apertas!
Relacionadas:
-
Modas estrañas
Por Sylvie Tartán |