Chega a Pontevedra Kids&Us cun método para aprender inglés dende bebés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c45/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/541b0a9b43-natalia-perarnau.jpg)
© Kids&Us
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/254/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5422c310ca-kids-a-us.png)
© Kids&Us
Aprender inglés como o facemos coa lingua materna. Este é o punto de partida da innovadora metodoloxía para a aprendizaxe do inglés creada hai 11 anos pola filóloga Natalia Perarnau. Actualmente, chega a máis de 40.000 nenos de España e Europa a través da rede de escolas Kids&Us, que conta actualmente con 156 centros. Unha forma de aprendizaxe que rompe co sistema tradicional para dar resposta á necesidade das familias de que os seus fillos falen distintas linguas.
E este revolucionario e innovador método dirixido aos máis pequenos chega agora a Pontevedra. A partir do luns, día 29 de setembro, comeza o curso nas novas instalacións de Kids&Us en Pontevedra, situadas na Avenida Augusto García Sánchez, 8-baixo (esquina coa Praza Galicia). Alí poderán informarse as persoas interesadas das condicións de matrícula, ou ben chamando ao teléfono 626 896 588.
Kids&Us, unha metodoloxía innovadora para a aprendizaxe temperá do inglés (a partir dun ano de idade)
Se o proceso de adquisición da lingua materna se inicia no momento en que o neno empeza a escoitala, por que deberiamos esperar a expoñelo a unha segunda ou terceira lingua se o que queremos é que desenvolva unha boa competencia? A metodoloxía Kids&Us baséase no proceso natural de adquisición da lingua materna, un proceso infalible que ten lugar nunha orde determinado, natural e espontáneo. Na nosa lingua materna, empezamos escoitando, para despois comprender o que escoitamos, verbalizar o e, en último lugar e pasados uns anos, ler e escribir.
Co método Kids&Us os bebés a partir dun ano son expostos á nova lingua de forma global, sen restricións pero con situacións e contextos adaptados á súa idade. A partir de xogos, contos, cancións ou bailes realizan unha inmersión lingüística total na que se aproveita toda a capacidade de aprendizaxe que teñen os nenos en idades tan temperás. As clases son planificadas ao minuto e refórzanse cuns materiais pedagóxicos exclusivos desenvolvidos polo departamento pedagóxico de Kids&Us. Ademais, nos niveis máis avanzados, estes materiais están adaptados para que os alumnos poidan presentarse a exames oficiais.
A oferta de cursos en Kids&Us vai dende os bebés dun ano, que acoden ás clases cos seus papás, ata os 18 anos
A oferta de cursos en Kids&Us vai dende os bebés dun ano, que acoden ás clases cos seus papás, ata os 18 anos, en que os alumnos poden alcanzar o nivel Proficiency, o máis elevado dos recoñecidos pola universidade de Cambridge. Un estudo realizado pola Universidade de Barcelona en 2012 avala os beneficios deste sistema de aprendizaxe respecto ao método tradicional, concluíndo que os nenos que aprenderon inglés en Kids&Us teñen mellores competencias en vocabulario, gramática, pronunciación, comprensión oral e escrita e expresión oral.
A experiencia dunha nai emprendedora
Kids&Us empezou cando Natalia Perarnau, creadora do método, abriu o seu propio centro dedicado ao ensino do inglés. A súa experiencia como nai e profesora de inglés, e a constatación do feito de que os alumnos españois ocupan os últimos postos en canto a coñecemento do inglés, a pesar de estudalo durante anos tanto dentro coma fóra dos centros escolares, puxeron as bases do proxecto.
Aínda que a súa academia estaba inicialmente enfocada a un público adolescente e adulto, a súa maternidade fíxolle reformular a forma coa que tradicionalmente aprendemos inglés e empezouse a interesar pola estimulación precoz. Decidiu falarlle á súa filla cada día 10 minutos en inglés e decatouse de que, ao pouco tempo, a nena a entendía e intentaba interactuar con ela nese mesmo idioma. Despois de desenvolver o método en profundiad e ver os bos resultados que tiña cos seus alumnos, Kids&Us iniciou o seu proceso de expansión.
En constante crecemento
Kids&Us conta na actualidade con 156 centros repartidos por España, Andorra, Francia, Italia e Bélxica. Para o próximo curso 2014-2015, a empresa acentuará a súa expansión internacional entrando en novos países como Portugal, México e a República Checa. En total, prevense máis de 50 novas aperturas que farán que a cifra total de centros Kids&Us no mundo supere os 180, con máis de 40.000 alumnos.