Liberan un condutor que quedou atrapado no seu coche tras bater contra un farol en Barro
Por Redacción
Os bombeiros do Salnés liberaron este xoves a unha persoa que quedara atrapada no interior do seu turismo, despois de saírse da vía e impactar contra un farol.
O accidente tivo lugar sobre as 17.30 horas na estrada PO-531, á altura da gasolineira de Curro (Barro).
Foi un particular o que alertou ao 112 Emerxencias Galicia, que puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais dos efectivos do parque comarcal e urxencias médicas, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Unha vez rescatado, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia e trasladado a un centro hospitalario.