Pontevedra capitaliza unha protesta autonómica do BNG contra a "desaparicion das caixas galegas"
Por Redacción
O "roubo do aforro galego" e a "inminente liquidación de NovaGalicia Banco" leva ao BNG a convocar este luns 3 de decembro concentracións de protesta nas sete grandes cidades galegas. Pontevedra, principal bastión dos nacionalistas, será a capital das mobilizacións.
As concentracións serán nas sedes centrais de NovaGalicia Banco nas sete cidades galegas. Diante da sede pontevedresa estará presente o portavoz nacional do partido, Guillerme Vázquez.
Segundo informan os nacionalistas, a protesta será ás 12.00 horas diante da sede de Novagalicia Banco da rúa Augusto González Besada e nela manifestarase a oposición "contra o roubo do aforro galego" e "pola desaparición das caixas galegas e a venda de NovaGalicia Banco".