Un cupón da Once deixa un premio de 100.000 euros en Pontevedra
Por Redacción
O cupón da ONCE repartiu a sorte de novo en Pontevedra.
O axente vendedor da ONCE Carlos Alberto Aboal, que ten o seu punto de venda na céntrica Praza da Peregrina, vendeu un cupón premiado con 100.000 euros no sorteo do Cuponazo correspondente ao venres 26 de setembro.
Tamén vendeu outros nove cupóns dese mesmo número e sorteo, con premio ás cinco cifras de números adicionais, que obteñen premio de 600 euros cada un, facendo un total de 5.400 euros.