Achéganse posturas en Treves pero a folga continúa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A cuarta reunión entre a dirección de Trèves e os representantes do comité de empresa coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA) volveu resultar infrutuosa ao non se chegar a acordo entre as partes. Os representantes sindicais manteñen a folga na nave do Polígono do Campiño e seguen reclamando, sobre todo, melloras salariais que equiparen as súas nóminas ás do sector automobilístico e que a dirección incremente a carga de traballo para evitar novos expedientes de regulación para os 149 traballadores actuais da factoría.
Para o mediodía deste martes 30, os representantes sindicais convocaron unha concentración ante o edificio da Xunta de Galicia en Campolongo e, a continuación, manterán unha asemblea nos locais sindicais. Este mércores 1 fará unha semana do inicio da folga.
Segundo o presidente do comité de empresa, David Couñago, as posturas comezaron a achegarse nesta última reunión que se prolongou ata a noite. Non obstante, afirma que as posicións das partes continúan moi afastadas.
Os representantes sindicais mostraron o seu malestar porque a factoría de PSA-Citroën en Vigo, principal destinataria do material, que se elabora na nave de Trèves no Campiño trasladou a parada prevista para os días 9 e 10 de outubro ao mércores 1 e xoves 2. Desta forman, entenden os traballadores, a empresa pode continuar preméndoos nas negociacións ante o desgaste que se produce entre o persoal. Estaba previsto que o stock de material co que contaba a empresa finalizase ao longo desta semana.
Relacionadas:
-
Retoman as negociacións en Treves cando xa se levan 13 días de folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Treves reclaman á Xunta que esixa á empresa máis carga de traballo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O distanciamento entre a dirección e os traballadores de Treves estende a folga ata a próxima semana
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Folga en Treves, un piquete por quendas a pé de fábrica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada