Formación para os novos vendedores do Mercado de Abastos
Por Oskar Viéitez
Este luns celebrouse a primeira das xornadas de formación organizadas pola Concellaría de Promoción Económica. A segunda xornada está prevista 6 de outubro, tamén na Casa da Luz.
O temario abrangueu temas como a atención ao cliente, a imaxe dos postos, a promoción das vendas, utilización de elementos comúns, accións conxuntas e servizos adicionais a ofrecer a clientela.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román recordou que as xornadas están tamén abertas aos usuarios de todos os mercados municipais e trasladou especialmente o convite aos comerciantes do mercado das galerías de Fray Juan de Navarrete.
Estas actividades forman parte da subvención que concedeu os Fondos Europeos ao Desenvolvemento (FEDER Galicia 2007-2013) e a Consellería de Economía na que se incluíron a reparación da cuberta de cristal da Praza de Abastos e a substitución dos estores.