As obras nos campos de fútbol de Santo Tomé e Carballedo entran na súa recta final
Por Redacción
En apenas 15 ou 20 días concluirán as obras de remodelación do campo de fútbol das Estremas, en Carballedo, segundo as estimacións da Deputación provincial.
A instalación de Cotobade pasará a contar con herba sintética, ademais dun novo peche perimetral, sistema de iluminación con catro torres ou sistema de rego.
Os traballos, que se centran estes días en colocar o céspede, contan cun presuposto de 438.503,99 euros.
Por outra parte en Santo Tomé de Piñeiro, Marín, o prazo para rematar a remodelación do campo é un pouco máis amplo, pois se espera concluír a obra a mediados do mes de novembro.
Neste caso o presuposto ascende e 539.442,01 euros, cuns servizos similares ao campo de Carballedo.
Ambas as dúas instalacións foron visitadas este luns polo presidente provincial, Rafael Louzán, por un lado, e as deputadas Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez, xunto cos alcaldes de Marín e Cotobade respectivamente.
Relacionadas:
-
Maratón inaugural de campos de fútbol de céspede artificial
Por Diego Espiño |
-
Rematan as melloras nos vestiarios do Estadio Municipal de San Pedro
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra solicita á Deputación tres novos campos de herba sintética
Por Oskar Viéitez |
-
As obras do campo de fútbol de Santomé continuan a bo ritmo
Por Redacción |
-
Adxudicadas en 438.000 euros as obras de reforma do campo de fútbol de As Estremas
Por Redacción |