Pontevedra recorrerá á auga do Pontillón durante un tempo debido ás obras de Acuaes
Por Alejandro Espiño
O Pontillón do Castro servirá auga a Pontevedra en próximos días. ÿ unha medida obrigada polas obras que está facendo Acuaes no marco do proxecto do novo abastecemento de auga potable aos concellos da ría de Pontevedra. Nalgún momento será preciso parar a captación da actual estación de bombeo, polo que haberá un tempo no que se servirá auga directamente do encoro.
César Mosquera explicou que se trata dunha cuestión meramente técnica e que non terá repercusión algunha nos fogares, como cada vez que se capta de Pontillón. De todos os xeitos, o Concello de Pontevedra informará previamente cando se produza esta situación.
Sobre as obras, os técnicos municipais e os de Acuaes confirman que na marxe dereita da ría (Sanxenxo-Poio-Pontevedra) "están moi avanzadas". Xa está rematado o paso baixo o río Lérez, a ampliación da potabilizadora, a construción do novo depósito de Mourente e practicamente concluída a conexión con Pontillón.
O concelleiro de Infraestruturas explicou que as obras da marxe dereita da ría "saíron adiante sen grandes problemas", tendo en conta que se tratan de proxectos dunha grande envergadura "e estas obras sempre teñen a súa complicación".
Relacionadas:
-
A subministración de auga á cidade farase durante un mes dende O Pontillón
Por Redacción |
-
Un novo corazón para os municipios da ría
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, Sanxenxo e Poio xa reciben auga da nova rede de Acuaes
Por Redacción |
-
O novo abastecemento da auga irá canalizado por debaixo do río Lérez
Por Redacción |