Un vehículo queda enganchado nos novos bolardos de Concepción Areal
Por Redacción
Os pivotes instalados na rotonda da Praza de Concepción Areal atraparon a un vehículo Audi A3.
Co cambio de sentido para o tráfico aplicado na rúa Alfonso XIII, a rotonda da rúa Concepción Areal quedou anulada.
Este espazo estivo delimitado con valos xa que a intención do goberno local é ampliar o espazo fronte á entrada do CEIP Froebel.
Estes bolardos foron instalados hai uns días pero neste breve espazo de tempo xa viviron un primeiro accidente, que os deixou algo torcidos. O deste mércores é o segundo.
O condutor do Audi circulaba en dirección prohibida pola rúa Alfonso XIII cando xirou para incorporarse á rotonda pasando por enriba do pivote.
O vehículo quedou enganchado coma se fose un anzol, sendo necesaria a intervención dos Bombeiros para cortar o pivote.