Un vehículo queda enganchado nun pivote de Concepción Arenal
Por Redacción
Os pivotes instalados na rotonda da Praza de Concepción Arenal atraparon a outro vehículo.
Co cambio de sentido para o tráfico aplicado na rúa Alfonso XIII, a rotonda da rúa Concepción Arenal quedou anulada.
Este espazo está delimitado con pivotes para ampliar a entrada do CEIP Froebel. Esta fórmula provisional permite abrir a rúa cando é necesario, coma por exemplo ocorre durante as festas da Peregrina.
Dende a súa instalación, estes bolardos xa viviron varios accidentes.
Neste caso un conductor dun vehículo comercial de Securitas Direct xirou para incorporarse á rotonda pasando por enriba do pivote.
O vehículo quedou enganchado coma se fose un anzol.