Seila Varela, elexida presidenta de Novas Xeracións de Pontevedra
Por Redacción
A moza Seila Varela, de 21 anos, resultou elixida presidenta local de Novas Xeracións do Partido Popular no VII Congreso da agrupación que se celebrou este sábado 18 de outubro na sede provincial dos populares e asume o cargo que, ata agora, ocupaba Arturo Casal.
Seila Varela estará acompañada no Comité de Dirección por David Lamoso como secretario, Román López ocupará a área de organización, Rita García-Mon encargarase da área de Xuventude, Maite Abilleira de Formación e Guillermo Juncal asumirá o departamento de Novas Tecnoloxías.
A nova responsable de NN.XX. indicou que manterá unha liña continuísta coa intención de aumentar o número de mozos que se acheguen ás filas populares tras uns anos que foron difíciles para o partido con motivo da crise económica.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira, acudiron ao nomeamento da nova dirixente dos mozos populares e destacaron o papel que realizan porque "antes de criticar prefiren traballar para que as cousas melloren". Os dous dirixentes destacaron o importante tramo que se presenta de cara ás eleccións municipais