Rueda asegura que Ence non marca os tempos das decisións que adopte a Xunta respecto ao seu futuro
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, sinala que as últimas sentenzas xudiciais e a aprobación do regulamento de Costas abre un escenario no que a administración autonómica terá que elaborar un informe ambiental sobre a prórroga da factoría de ENCE en Lourizán no que se deberá "compatibilizar a conservación do medio ambiente e o futuro do traballo en Pontevedra", afirmando que o informe é de carácter ambiental pero deberá analizarse dende un punto de vista máis amplo.
Rueda insistiu en que a continuidade da factoría na ría de Pontevedra non depende só da Xunta de Galicia e engadiu que "non é fácil tomar unha decisión. ÿ verdade que a data da caducidade da concesión vai achegándose e antes as decisións teñen que estar tomadas" en relación ao límite que a pasteira ten establecido ata 2018 para permanecer na súa actual situación.
O vicepresidente autonómico indicou que entende que a incerteza para a empresa non é boa pero iso non vai supoñer que Ence vaia marcar os tempos das decisións que se teñen que adoptar dende a Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
AGE denuncia que o PP manobra para manter Ence na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta endosa a responsabilidade sobre a prórroga de ENCE ao Goberno de Rajoy
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ence recoloca en Pontevedra traballadores afectados polo peche da súa fábrica en Huelva
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR pide ao Valedor do Pobo unha solicitude de amparo pola "trama" de Ence coa Xunta
Por Redacción |
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Vía libre para que a Xunta emita o informe sobre a continuidade de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |