Pontevedra é a sexta cidade máis infiel de España
Por Oskar Viéitez
Máis de 1.300.000 españois son usuarios de AshleyMadison.com, a web líder en contactos extramatrimoniais. Pero, onde atopamos ao maior número de infieles? Cales son as cidades máis infieles de España?
Segundo o último estudo realizado por esta web, en Madrid concéntrase o maior número de infieis. O 12,9% dos españois infieis atópanse afincados en Madrid, convertendo á capital no berce da infidelidade.
Pontevedra é unha das cidades novas no ránking. A "Boa Vila" pasou a ser a sexta cidade máis infiel do noso país, xa que en Pontevedra viven un 3,2% de infieis.
Christopher Kraemer, portavoz europeo de AshleyMadison.com, di que "existe unha razón pola que as cidades máis grandes e poboadas son máis infieis. ÿ máis fácil ocultar unha infidelidade cando tes máis lugares aos que ir e onde ninguén che recoñece, como é o caso de Madrid ou Barcelona ".
Con todo, destaca que cidades que non son tan grandes como Pontevedra "albergan cada día máis infidelidades debido ás novas tecnoloxías, que permiten vivir estas aventuras de xeito discreto e seguro".