60 alumnos inician un novo curso na Escola de Canteiros
Por Redacción
A Escola de Canteiros abriu este venres o curso 2014-2015. Iníciase con 60 alumnos que recibirán una ampla formación no traballo da pedra e en materias como escultura, canteiría, historia da arte e construción, restauración, modelado e debuxo artístico e técnico.
O centro creouse en 1979 e leva formado a máis de mil canteiros e mestres canteiros, a maioría deles actualmente traballando en diferentes puntos de Galicia e España e incluso no estranxeiro.
En Galicia hai preto de 60 talleres de pedra grandes ou medianos, constituídos e rexentados por alumnos da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, que ocupan laboralmente a preto de 250 traballadores.